"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

martes, 24 de enero de 2017

ÁRBORES MATEMÁTICOS

Aproveitando as datas navideñas, algúns mestres quixeron demostrar que as matemáticas están tamén no Nadal, onde?

Nas árbores:

Así se fai esta árbore tan orixinal!



 Outros modelos:

 

Cilindros                                         Simetrías                                  Simetría e cadrados


 
Simetría e rectángulos                   Cadrado e simetrías                    Lonxitude e medida

 

Cono                                           Pirámide e rectángulos                 Papiroflexia e simetrías

CIENCIA NAS AULAS

Outro curso máis, outros experimentos novos.

Cada ano imos pasando a proposta polas aulas sobre a ciencia e os experimentos. No mes de novembro, diversos grupos, ben na súa aula ou ben nan Biblioteca, realizan demostracións científicas.

Desta vez, temos temas como a presión, a ósmose, , absorción, destilación de auga, ausencia de osíxeno, emprego do bicarbonato, gravidade...









COMPARTINDO CON OUTROS PAÍSES

Unha das clases deste centro tivo a boa oportunidade de poder compartir inquedanzas e curiosidades con outro centro, pero de Arxentina.

A idea xurdíu da súas titoras que se puxeron en contacto, e por medio de Hangout, estableceron comunicación.

No intercambio buscábase non só coñecer as distintas zonas: Lalín (Galicia) e Bos Aires (Arxentina), senon establecer un vínculo que se puidera manter no tempo.

A experiencia foi moi boa, e por suposto, que volverán ter contacto...cando os nenos e nenas de Bos Aires volvan das vacacións de verán....en febreiro.







Moitas das cuestións que se intercambiaron estaban relacionadas co coñecemento social, xeográfico e cultural.

MAGOSTO CON XOGOS TRADICIONAIS

Este ano o Magosto quixémolo festexar xogando....

E que mellor que facelo con xogos tradicionais: os chanzos, os aros, a corda, o pano, encesto...




NO NADAL, CON FOTOS!!

Animámonos este Nadal a preparar un photocoll.....e así nos saíu:


Elaboraron, a partir de modelos, os accesorios para disfrazarse.


Ante todo pasárono moi ben, e aproveitaron para enviar felicitacións ás familias.


DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Día que debemos ter en conta todos os días do ano e non so nunha determinada data.

Convocouse o II concurso de cartaces "Unha imaxe, ningún maltrato máis", onde resultou gañador o grupo 5ºD.

Parabéns!!

Cartaz gañador